martes, 21 de julio de 2009

Barbie con papada e canas

Vivimos na sociedade da eterna mocidade. As criaturas visten como vinteañeir@s. Xa a ninguén lle estrana ver unha rapariga de cinco anos cunha minisaia xxs e unhas zapatillas de moda cun par de centímetros de alza, e por suposto o bolso con brillantina para os beizos dentro que non falte. E os nenos pequenos que levan chaleques e pantalóns con raias pranchadas. Qué practicidade e comodidade! Madonna xa superou os 50 e na súa actual xira europea semella que volveu aos 30 e tantos. Entre os 20 e os 30 estáncase o crecemento natural dos corpos e as caras. A pel sobrehidratada con potingues carísimos extraídos de baleas, caracois ou aloe; operacións de estética maiores e menores, peelings, masaxes, coláxeno, filtracións, lipoesculturas, pastillas para adelgazar, ou a última moda de facerse unha dieta de herbas a medida nunha coñecida cadea internacional que di en vano o termo "natural". A natureza enrúganos, que hai diso de que a enruga é bela? Este dito caducou nunha sociedade que entende que o vello non é belo de ningunha maneira, xa que constrúe os termos como antitéticos.
Se nalgún momento a sociedade quixo medrar e madurar para adquirir os coñecementos e sabedoría d@s seus/súas vell@s, agora o vello escóndese tras unha enorme capa de maquillaxe e ciruxía.
Xa sabemos a importancia que teñen os referentes para as persoas, sobre todo para @s máos nov@s. Os fabricantes de Mattel xa se decataron de que a cintura da boneca máis famosa e vendida da historia non eran lóxicas . Só hai que facer contas para ver que levada ao mundo real esta boneca tería un peito de 100 e moito, unha cintura de nespra e que co tamaño dos seus peíños, menos dun 40 para a súa altura, caería redonda cara adiante pola forza da gravedade. Por iso no 2000 a cintura da boneca experimentou un pequeno agrandamento para facela máis real.


As rapazas que xogaban e soñaron un futuro proxectado nesta boneca non puideron vela nunca paseando pola praia morena e enrugada con algo de carnes non tan tersas, non a viron reflectida nos seus espellos cando a papada asomaba na pubertade pola teima de non deixar o chocolate nas lacenas, non a viron neses pantalóns que non abrochaban de ningunha maneira. Para todas elas, velaí van unhas imaxes máis reais da Barbie, porque sendo muller e tendo nacido o 9 de marzo, sorte que non foi o 8, de 1959, xa lle toca rondar a menopausia, unhas enrugas de máis e se é da maioría (sempre hai excepcións metabólicas) loitar coas graxas que se lle queren apegar á cintura ou ás cadeiras. Con 50 anos algunha enruga lle asomará polo rostro mostrando que algunha vez sorriu ou chorou. Aí van unhas imaxes dunha Barbie sen operar, e sen tantos quilos de tinte de loira.





















Porque como di este magnífico poster: Hai tres billóns de mulleres no planeta que non parecen supermodelos e oito que si. As matemáticas falan por si propias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario