jueves, 2 de julio de 2009
A "austeridade" borra a opinión do Diario Cultural
Cando Feijoo comezou a súa campaña electoral coa omnipresente invocación á "austeridade", moit@s vimos nas súas verbas un equivalente ao tan cacarexado "talante" de Zapatero. A palabra sería a clave para interpretar e mesmo vaticinar o seu comportamento político. Así foi no caso de Zapatero, quen fai gala dunha actitude de diálogo e confrontación de pareceres. Lembremos que malia os seus defectos políticos -que os ten- o goberno español socialista actual se distingue pola vontade de diálogo e de negociación.
E así está sendo no caso de Feijoo. A "austeridade" levouno a recortar cargos na administración. Ou iso dixo. E o soldo dos superdelegados? tamén é austero? A "austeridade" levouno a recortar o gasto público. Sendo Galicia o contraexemplo na política económica e social. O resto das economías, mesmo o recomendan os organismos internacionais, tenta reactivar a economía, pero Feijoo prefire facer de formiga cando o inverno financeiro afoga a tod@s @s que petan á porta do goberno: a cidadanía nomeadamente.
Pero logo a "austeridade" levouno a baixar os impostos. Para que non distingue entre impostos indirectos (IVE, etc.) que son os que pagan ric@s e pobres por igual -o que non semella moi xusto subir senón mesmo eliminar- e os directos (a renda que pagan máis @s ric@s para redistribuir a riqueza c@s pobres): baixar impostos soa a austeridade. Pero non é tal.
Tampouco soa a austeridade trasladar as reunións do goberno, e facelas itinerantes como aprobou e xa ensaiou Feijoo. O transporte d@s polític@s e de todo o papeleo que levan custa cartos. A austeridade soa algo sospeitosa xa a estas alturas.
E falando de papeleo, tampouco semella moi "austero" que Feijoo comezase de novo a repartir folletos e impresos da Xunta en galego e castelán (dobre custo de tinta, persoal e tradutor@s), cando facía anos que eran só en galego -en tanto lingua oficial de Galicia (segundo a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia). A poboación demostrou un día de choiva que pouco apetece saír á rúa que non permitirá que se agreda á súa lingua. A maior manifestación logo das dos Prestige e contra a Guerra tivo lugar contra a política lingüística de Feijoo. Que nin sequera Fraga fixera nunca tal desprezo á nosa lingua, tamén a súa.
O último acto xustificado coa "austeridade" de Feijoo foi a eliminación d@s colaborador@s de opinión do Diario Cultural da Galega, programa dirixido por Ana Romaní e que conta cun excelente nivel, e cun recoñecemento público significativo.
A "austeridade" revélase pois como un arma contra a crítica, sexa do tipo que sexa, mesmo a cultural. Usada ao antollo do goberno centralista e caciquil de Galicia, o novo pepé, ese que ven de Madrid e que non fai país, senón que o achucha. Agora teremos que conformarnos coas reportaxes pagadas de Faro de Vigo ou La Voz que xa só editan en función comercial: é anunciante á discográfica ou editorial? Non, pois non interesa o libro ou disco, que máis dá se é bo.
A linguaxe é poder e a comunicación é unha peza fundamental de cada grupo de poder. A Van Dijk desenvolve toda unha teoría de relación entre o discurso e a dominación; sinala por exemplo que: “ Os grupos de poder tentarán controla-los medios de producción simbólica, como son o sistema educativo e os medios de comunicación". Indo máis alá, podemos argumentar que os grupos de poder tentarán controlar a lingua mesma: impoñer outra lingua é o método máis doado e eficaz para conseguir os seus obxectivos de dominación e reproducción do sistema.
Quizáis Feijoo non leu a Van Dijk, pero algún/nha d@s seus/súas asesor@s, seguro que si, pois sabe tal.
Reproducimos a continuación unha carta de despedida como crítica cultural do Diario Cultural da Radio Galega de Helena González Fernández,profesora titular de literatura galega e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universidade de Barcelona. Doutorouse no ano 1999 nesta universidade cunha tese sobre a poesía galega contemporánea escrita por mulleres. Publicou varias monografías e artigos sobre literatura galega de mulleres, poesía galega e literatura contemporánea. Entre os seus traballos recentes destacan a edición do inédito Más allá del tiempo de María Mariño (Alvarellos, 2007), Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (Xerais, 2005), a súa colaboración no libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Sotelo Blanco, 2003), coordinado por Belén Fortes, o Diccionario da Literatura Galega (4 vols., Galaxia, 1996-2002), dirixido por Dolores Vilavedra, e a edición dunha antoloxía trilingüe (galego-español-inglés) da poesía galega dos anos 90, A tribo das baleas (Xerais, 2001). Forma parte do consello de redacción do Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos e é codirectora de Lectora. Revista de Dones i Textualitat. Colaboraba como crítica literaria no "Diario Cultural" da Radio Galega e na revista Grial.
Ola,
por "motivos económicos" a Radio Galega decidiu prescindir das colaboracións de opinión no Diario Cultural. O meu agradecemento á directora do programa, Ana Romaní, e ao seu equipo de xornalistas, que dehttp://www.blogger.com/post-create.g?blogID=2019424019662585463sde hai anos veñen facendo posible unha excelente información cultural, atenta ao que acontece en Galicia e no mundo, plural e publicamente recoñecida.
Xa que non me foi posible facelo nas ondas, coa derradeira entrega que se emitiu http://dasorixesdemarzo.wordpress.com/ despídome desta navegación, convencida da necesidade de manter o obxectivo que me propuxen: catar e debater a cultura, desde o feminismo, é dicir, criticamente.
Saúdos cordiais.
Etiquetas:
Medios de comunicación,
Política
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Dicía Manolo Rivas que hai que mollarse. Así que que medren os comentarios a este post
ResponderEliminarLABORATORIO VIOLETA