martes, 17 de marzo de 2009
NÓS PARIMOS, NÓS DECIDIMOS
A Conferencia episcopal lanzou unha campaña co fin de denigrar un chisco máis (empresa que o Catolicismo leva a cabo dende que se acorda)a dignidade das mulleres. Con esta foto
a Conf. Episcopal ven a dicir que o Goberno defende máis aos linces ibéricos (en perigo de extinción) que os seres humanos... Claro, segundo a lóxica católica as mulleres non somos seres humanos. E o que eles queren protexer é o feto a costa da persoa que o leva no útero. No caso de conflicto entre os dereitos dun ser humano feito e dereito (como dirían eles) e un en proxecto ( en potencia que diría Aristóteles- a propósito pai occidental dunha boa pola patriarcal), deben primar os dereitos do primeiro: a muller. Cada quen debe decidir sobre o seu corpo. A experiencia de sufrir un aborto non é un prato agradable para ninguén, por iso se debe respetar a quen opta por esta opción. Calquera que sufrira unhas dores premenstruais ou un cólico se non ten útero entenderá que o aborto nunca se escolle como alternativa á contracepción senón como solución a un problema posterior. Hai moitos motivos para que unha muller decida abortar. Que elas decidan, que nós decidamos. O Estado ten a obriga de garantir o benestar e a seguridade dos seus cidadáns, esperemos que non se esqueza (como fai a igrexa) das súas cidadás. Urxe unha revisión da lei do aborto para situala á altura da sociedade avanzada na que vivimos. Nin 4º suposto, nin 5º; dereito a decidir das implicadas.
Volvendo á imaxe perversa da Conferencia Episcopal, a fotografía do cativo que está ao lado do lince non semella a dun embrión ou feto de poucas semanas. A confusión dos curas é ben grande. E ven vestida xa. Vaia, que imaxinación. Esta campaña atenta contra a capacidade de axencia das mulleres. Négalle voz e mesmo representación. Porque que eu saiba na Conf. Episcopal non hai ningún ser humano con útero. Pretenden decidir por nós unha vez máis. E xa abonda.
Laboratorio Violeta recomenda a visita de http://www.caladona.org/avortamentlliureigratuit.html; de http://colectiva.blogspot.com/ e http://laslinces.blogspot.com/
Etiquetas:
Dereitos sexuais e reproductivos,
Sí ao aborto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario