martes, 6 de abril de 2010

II Xornadas sobre Información e Xénero: preincrición aberta!

A especialización dende a perspectiva de xénero

ORGANIZA Dto. Ciencias da Comunicación da USC, CIDACOM
COLABORA: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Litonor
PATROCINA: Deputación da Coruña


Onde: FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
Santiago de Compostela

Cando:
DO 26 AO 30 DE ABRIL DE 2010



A especialización é unha das máis notábeis carencias e necesidades do xornalismo
actual. Que se faga dende a perspectiva de xénero e que, á bagaxe de coñecementos
propios de cada área incorporemos o enfoque que faga visíbel ás mulleres, as desigualdades que persisten e as circunstancias que afectan de maneira específica a cada xénero, axudará a enriquecer a información dende novas e enriquecedoras dimensións. Dende hai décadas, as teorías feministas enchoupan todas as áreas de saber, dende as humanísticas e as ciencias sociais até as ciencias experimentais e técnicas. Falta conectar as súas achegas coas e cos profesionais da información. A iso quere contribuír, de maneira pioneira, este curso.

Programa
LUNS, 26 DE ABRIL
16.00 h- 16.30. Presentación
16.30-18.15. O sistema sexo-xénero.
Mercedes Oliveira, doutora en filosofía e sexóloga
18.45-19.15. Descanso
19.15-21.30. Introdución ás teorías feministas.
Beatriz Suárez Briones (Universidade de Vigo)

MARTES, 27 DE ABRIL
16.00 h. -18.00 h. Claves para a elaboración dunha información
non sexista.Belén Puñal (grupo de investigación CIDACOM. Universidade de Santiago).
18.15 h.- 19.45 h. A necesidade da especialización dende a
perspectiva de xénero. Teresa Vera (Universidade de Málaga).
20.00- 21.30. As mulleres como fontes expertas.
Jorge García Marín (Universidade de Santiago)

MÉRCORES, 28 DE ABRIL
16.00. 17.30. A abordaxe da violencia machista dende a
especialización xornalística. Grupo CIDACOM (Universidade de Santiago)
17.30.h.-18.00 h. Descanso.
18.00 h- 21.30 h. A política dende a perspectiva de xénero.
-Políticas públicas dende a perspectiva de xénero.
Rosa Cobo (Universidade da Coruña)
-As políticas do movemento feminista en Galicia.
Mónica Bar Cendón.
-Política, mulleres e medios de comunicación.
Carme Adán (deputada).

XOVES, 29 DE ABRIL
16.00-17.00 h. A saúde dende a perspectiva de xénero.
Lola Ferreiro, médica
17.00 h- 18.00 h. O medio ambiente dende a perspectiva de
xénero. María Xosé Agra (Universidade de Santiago)
18.00-18.20. Descanso
18.30 h. 19.30 h. As novas tecnoloxías dende a perspectiva
de xénero
19.30.-21. 30 h. A economía dende a perspectiva de xénero.
Coral del Río (Universidade de Vigo).

VENRES, 30 DE ABRIL
16.00 h-17.45 h. A cultura dende a perspectiva de xénero
17.45-18. 00 h. Descanso
18.00 h-19.45 h. A educación dende a perspectiva de xénero.
Carme Blanco (Universidade de Santiago)
19.45-20.00 h. Descanso
20.00- 21.00 h. A xustiza social dende a perspectiva de xénero.
María Reimóndez (Implicadas no Desenvolvemento)
21 h.- 21.30 h. Clausura

OS ALUMNOS E ALUMNAS DA USC PODERÁN OBTER UN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN (EN TRÁMITE). PARA ISO, DEBERÁN ELABORAR UN TRABALLO FINAL EQUIVALENTE A 7 HORAS NON PRESENCIAIS.
Preinscrición: Do 6 a 21 de abril de 2010
Matrícula: Do 22 ao 26 de abril de 2010.

Contacto: anabelen.rama@rai.usc.es/ Prezo: 40 euros
DIRIXEN: Luís Álvarez Pousa, profesor titular de Ciencias da Información (USC)
Ana Belén Puñal Rama, investigadora do grupo CIDACOM (Cidadanía e Comunicación) da USC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario