miércoles, 25 de noviembre de 2009
SUMAR É POLITIZAR
Atrás quedaron os tempos nos que fose políticamente correcto defender que a violencia que se exerce contra as mulleres, polo mero feito de ser mulleres, é algo privado. Sen embargo, segue a lerse e escoitarse -mesmo nos medios de comunicación públicos- palabros como violencia doméstica. Doméstico é o que pasa no fogar, eses trapos suxos que se lavan portas a dentro e sen que se enteren -moito- os/as veciños/as.
Violencia doméstica é a que exerce calquera membro/a dunha familia dentro do fogar contra calquera outro. Se o avó lle peta ao neto iso é violencia doméstica. As mulleres non somos menores de idade para sempre! Así que deixemos de chamarlle doméstico ao que é un asunto público, político... A violencia machista ou violencia contra as mulleres levou este ano moitas vidas, en España, en Europa e no mundo enteiro. Contámolas para que se saiba que non morren por casos illados, non son sucesos, son todas elas vítimas dunha lacra social e política. Un asunto público precisa dun contador. Porque ao sumalas visibilizamos o problema. E así cabe reclamar solucións.
En Laboratorio Violeta propoñemos facer documentais e reportaxes tamén das que sobreviven, das que saen da roda da violencia (maltrato psicolóxico, agresión física, arrepentimento, petición de perdón, regalos, e volta a comezar), das que viven!
SUMAR É POLITIZAR como diría Celia Amorós.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario