lunes, 26 de octubre de 2009

Cine feminista na Coruña: Barbara Hammer


ciclo CINE E CIENCIA, realizado coa colaboración da II edición da Mostra de Ciencia e Cine, organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, coa proxección de varios traballos da cineasta feminista estadounidense Barbara Hammer (1939), presentados por ela mesma. A entrada é gratuíta.

Con motivo desta II edición da Mostra de Ciencia e Cine (26-31 de outubro), realizamos unha pequena selección de versátiles pezas que poden axudar a albiscar as tensas, complexas, vagas e históricas relacións mantidas entre a ciencia e o cine. A presenza da cineasta estadounidense Barbara Hammer (Hollywood, 1939), emblemática representante dun cine independente, feminista, lésbico militante e iconoclasta realizado á marxe dos parámetros industriais nos Estados Unidos e autora de películas como Nitrate kisses (1992), Tender fictions (1996) ou History Lessons (2000), clásicos do cine feminista lésbico baseados na combinación de materiais de diversa procedencia, permitirá coñecer algunhas das súas películas vinculadas coa ciencia, incluíndo a autobiográfica A horse is not a metaphor, que vén de ser premiada na prestixiosa Berlinale.

Onde: CGAI, Durán Loriga, 10, baixo

Cando: LUNS 26 DE OUTUBRO (20.30 horas):

OPTIC NERVE
(Estados Unidos, 1985)
Dirección, produción e fotografía: Barbara Hammer. Duración: 16 minutos.
Unha reflexión sobre a familia de Hammer (un dos seus grandes temas, xunto á sexualidade, a identidade e a derruba dos xéneros) realizada con impresión óptica editada con efectos equivalentes ás radiografías de raios X.

SANCTUS
(Estados Unidos, 1990)
Dirección, produción e fotografía: Barbara Hammer. Duración: 19 minutos.
Retrato do corpo humano e a súa fraxilidade interna, mediante placas de raios X extraídas das radiografías do Doutor James Sibley Watson, que dá título a outro filme de Hammer. Desvelando a estrutura do esqueleto amósase a necesidade de protección dentro dun planeta sucio onde proliferan as desordes nos sistemas inmunitarios.

VITAL SIGNS
(Estados Unidos, 1991)
Dirección, produción e fotografía: Barbara Hammer. Duración: 9 minutos.
Outro filme colaxe onde Hammer intercala secuencias que reflicten a morte extraídas de wésterns con intervencións persoais, fotogramas de Hiroshima, mon amour de Alain Resnais, un texto de Foucault e escenas da unidade de coidados intensivos dun hospital.


A HORSE IS NOT A METAPHOR
(Estados Unidos, 2008)
Dirección, produción e fotografía: Barbara Hammer. Duración: 30 minutos.
Persoal achegamento á terapia e consecuencias do cancro de ovario que afectou á propia Hammer, unha peza premiada este ano no Festival de Berlín. O compoñente autobiográfico de Hammer, presente desde os inicios da súa traxectoria artística, emparéntaa con parte da modernidade fílmica (de Van der Keuken e Perlov a Mekas, Cavalier ou Kawase), mentres a liña experimental se ofrece con lirismo a través de imaxes cheas de luz e movemento fóra do hospital (destaca esa adoración polos cabalos).

Cando: Martes 27 de outubro
Onde: Fundación Caixa Galicia
Cantón Grande, 20-23
18:00 A HORSE IS NOT A METAPHOR (Barbara Hammer, 2008)
18:30 THE LINGUISTS (Seth Kramer, Daniel A. Miller e Jeremy Newberger, 2007). Premio del Jurado Joven Mostra de Ciencia e Cinema 2008. Auditorio de la Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande).
20:30 Conferencia de Barbara Hammer: “La ciencia en las películas experimentales de Barbara Hammer”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario