martes, 22 de febrero de 2011

II Xornadas sobre Información e Xénero

ÁMBITOS DE ESPECIALIZACIÓN
(política, economía, xustiza social, saúde, educación, medio ambiente, tecnoloxías e innovación, cultura, deportes)

Onde están as mulleres nas noticias sobre política, economía, deportes ou novas tecnoloxías?


Dende hai anos, a perspectiva de xénero enchoupa todas as áreas do saber. Porén, este coñecemento experto aínda non chegou a uns medios de comunicación onde o sexismo segue a ser o modo natural de enfocar o mundo. Á procura de solucións nacen estas xornadas.

FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN, SANTIAGO DE COMPOSTELA, DO 21 AO 25 DE MARZO DE 2011
Máis información en http://infoxenero.blogaliza.org/

U n crédito de libre configuración para alumnado da USC. Concedido por resolución reitoral 2011/27 con data do 11 de febreiro de 2001.
organiza colaboran patrocinan: instituto de estudios de comunicación especializada (iece),facultade de ciencias da comunicación, proxecto cofinanciado concellaría
de igualdade grupo de investigación cidadanía e comunicación,

Programa

Luns, 21 de marzo:

16.00 h.- 16.30 h. Presentación

16.30 h.-18.15 h. O sistema sexo-xénero. Rocío Fraga. Fundación Mujeres

18.45 h-19.15 h. Descanso

19.15 h.-21.30 h. Introdución ás teorías feministas. Mila Lores (Universidade de Vigo)

Martes, 22 de marzo:

16.00 h. -18.00 h. Claves para a elaboración dunha información non sexista. Belén Puñal (grupo de investigación CIDACOM. Universidade de Santiago).

18.15 h.- 19.45 h. A necesidade da especialización dende a perspectiva de xénero. Teresa Vera (Universidade de Málaga).

20.00 h- 21.30. As mulleres como fontes expertas. Jorge García Marín(Universidade de Santiago)

Mércores, 23 de marzo:

16.00 h-17.00h. A abordaxe da violencia machista dende a especialización xornalística. Grupo CIDACOM (Universidade de Santiago)

17.00.h.-17.30 h. Descanso.

17.30 h- 20.30 h. A política dende a perspectiva de xénero.

-Políticas públicas. Rosa Cobo (Universidade da Coruña)

-As políticas do movemento feminista en Galicia. Mónica Bar Cendón(Feministas Independentes Galegas).

-Política, mulleres e medios de comunicación. Carme Adán (deputada do Parlamento de Galicia).

20.30.h.-21.30 h. A xustiza social dende a perspectiva de xénero. Implicadas no Desenvolvemento

Xoves, 24 de marzo:

16.00 h.-17.00 h. A saúde dende a perspectiva de xénero. Lola Ferreiro(Grupo Lúa Crecente)

17.00 h- 18.00 h. O medio ambiente dende a perspectiva de xénero. María Xosé Agra (Universidade de Santiago)

18.00 h.-18.20 h. Descanso

18.30 h.-19.30 h. As novas tecnoloxías dende a perspectiva de xénero. Luz Castro (Cluster TIC)

19.30 h.-21. 30 h. A economía dende a perspectiva de xénero. Coral del Río(Universidade de Vigo).

Venres, 25 de marzo

16.00 h-17.45 h. A educación dende a perspectiva de xénero. María Lameiras (Universidade de Vigo)

17.45 h.-18. 00 h. Descanso

18.00 h-19.45 h. A cultura dende a perspectiva de xénero. Carme Blanco(Universidade de Santiago)

19.45 h.-20.00 h. Descanso

20.00 h.- 21.00 h O deporte dende a perspectiva de xénero. María Ángeles Fernández Villarino (Universidade de Vigo)

21 h.- 21.30 h. Clausura

No hay comentarios:

Publicar un comentario