lunes, 19 de abril de 2010

O Centro de Documentación Feminista regalará libros aos visitantes

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo, regalará un libro a todas as persoas que visiten as súas instalacións – na Biblioteca Central– dende mañá luns e até o próximo día 23.

Con esta iniciativa, o Centro de Documentación e Recursos Feministas unirase á tradicional celebración do Día do Libro, que se conmemora cada ano o 23 de abril. O horario de apertura e atención ao público deste centro vigués é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Polas tardes, o centro abre de 16.00 a 20.00 horas dende o martes até o venres.

Ademais, este espazo acollerá, o 22 de abril, a presentación da obra 1325 mulleres tecendo a paz, un libro da Fundación Cultura de Paz (Ceipaz), que está dirixido por Manuela Mesa Peinado e coordinado por Laura Alonso, de Ceipaz, e Elvira Landín, integrante do Seminario Galego de Educación para a Paz.

A Concellaría de Igualdade tamén doará un exemplar deste libro aos centros públicos de ensino secundario e a todas as bibliotecas da cidade entre o 19 e o 23 de abril para difundir a obra que se presenta na citada institución olívica.

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e material de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido tanto ao público en xeral como a persoal especializado e interesado na temática. Así, recolle a documentación recompilada pola extinta asociación Alecrín dende os anos oitenta así como o fondo documental xerado pola Concellaría de Igualdade de Vigo.

Fonte orixinal da noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario